Un total de 2,75 millóns de euros repartirase entre miles de galegos emigrados

Estas subvencións teñen o obxectivo de emendar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de todas aquelas persoas que sexan emigrantes de orixe galega e poidan certificalo ante a Secretaría Xeral da Emigración.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2019 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

Unha partida orzamentaria de 2,75 millóns de euros repartirase entre miles de galegos emigrados que se atopan fóra do país e en situación de precariedade.

Estas subvencións teñen o obxectivo de emendar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de todas aquelas persoas que sexan emigrantes de orixe galega e poidan certificalo ante a Secretaría Xeral da Emigración.

Con estas axudas, que son de carácter individual e concorrencia non competitiva, a Administración autonómica pretende tender unha man ante as situacións complicadas para esas persoas.

En función do grao de necesidade no que se atopen, a Xunta establece sete tipos de subvencións. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade, as outorgadas por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante, por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar ou por invalidez ou enfermidade permanente.

Igualmente, existen axudas para a cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas cando teñan un custo elevado, para mulleres que sufran violencia de xénero e para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.

O prazo de solicitude abre o próximo 23 de decembro e pechará o 5 de febreiro de 2020.

Case 150 emigrantes en Latinoamérica volven a Galicia décadas despois. EUROPA PRESS - Arquivo
Case 150 emigrantes en Latinoamérica volven a Galicia décadas despois. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Xabrega

Seica non hai un "Camino" de Santiago transoceánico? Mellor non lles dar ideas a istes Xacobeentodo da XuntaXacobea de GaliciaCompostelana. O presunto (en portugués...) narcopresidente facendo amigos para as vindeiras eleccións... Agora a esperar a que o PNV as convoque (e logo fala da dependencia de Sánchez a ERC!). E dise emigración (non galeguidade nen galegos no exterior).

1 Sentidiño

A maior concentración do apelido galego Polo está no Vicedo. Propoño unha galeguización da Ruta da Seda con vistas ao Galegueo 2024 (Sétimo Centenario de Marco Polo).