A Xunta abre a nova orde de subvencións para impulsar as festas de interese turístico galegas

Estas axudas enmárcanse no compromiso do Goberno galego polo mantemento e impulso de celebracións como estas que, polas súas características e singularidades, axudan a converter Galicia nun destino diferenciado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2019 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

A Xunta mantén aberto ata o 16 de xaneiro o prazo para solicitar as axudas públicas para o apoio, promoción e difusión ás festas de interese turístico de Galicia, para o que a Administración autonómica destinará máis de 300.000 euros.

Como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), o procedemento de concesión destas axudas será de concorrencia non competitiva por rigorosa orde de entrada no rexistro e unicamente será subvencionable un evento por concello solicitante.

A Xunta subvencionará os gastos relacionados coa promoción e difusión turística da festa, como publicidade, cartelaría, anuncios nos diferentes medios de comunicación ou actuacións artísticas.

As actuacións subvencionables poderán conseguir un máximo de 3.000 euros. Poderán ser beneficiarios os concellos galegos en que se celebren durante o 2020 festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Ademais, e como se indica nas bases, poderán ser beneficiarios as agrupacións que, non tendo personalidade xurídica, estean integradas por municipios en que se celebren festas con esta distinción.

Estas axudas enmárcanse no compromiso do Goberno galego polo mantemento e impulso de celebracións como estas que, polas súas características e singularidades, axudan a converter Galicia nun destino diferenciado. A día de hoxe Galicia conta cun total de 120 festas co recoñecemento de Interese Turístico comunitario.

Arde Lucus
Arde Lucus

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta