Santalices, sobre o peche do paridoiro: "Temos que saber explicalo, faltou pedagoxía"

O presidente do Parlamento está convencido de que se dará solución ao problema cando se solucione a falta de pediatras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2019 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, asegurou este domingo que está "convencido" de que "se dará unha solución" ao peche do paridoiro do Hospital de Verín cando se "liquide" a situación de falta de profesionais neste centro, que considerou "puntual".

Nunha entrevista na Cadena Ser recollida por Europa Press, Santalices apostou, por encima de todo, por "garantir a seguridade" dos pacientes, un asunto que "non é fácil" e que pode "condicionar a decisión" nun tema como é o de pediatría. "Estou por encima de todo pola seguridade dos pacientes", dixo Miguel Santalices, médico e ourensán, algo polo que "apostaría", dixo, "calquera persoa que teña sentido común".

O presidente do Parlamento lembrou que o xefe do Executivo galego "falou dunha situación puntual" no Hospital de Verín, con problemas na "cobertura da asistencia pediátrica", o que impide "garantir a seguridade neste momento". "Eu estou convencido de que, unha vez se liquide a situación, como o presidente explicou, darase unha solución a este tema", resolveu.

Miguel Santalices lembrou que o feito de que hai "poucos partos" no Hospital de Verín é un dato "evidente", pero apostou por "enfocar" este feito "dun modo global" e en base ao beneficio da nai e do bebé. Para comunicar esta cuestión á poboación, recoñeceu, "faltou pedagoxía": "temos que saber explicalo e saber comentalo á xente". "Hai que centralo no tema da seguridade, para min foi un erro tentar centralo nun espectáculo parlamentario", resolveu.

Peche no Hospital de Verín polo peche do paritorio.
Peche no Hospital de Verín polo peche do paritorio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta