Os galegos residentes en Madrid danse cita no 'Nadal Galego' do Teatro La Latina

A música xogou un papel importante na celebración da man da Asociación Folclórica Rosalía de Castro e da artista cedeirense Guadi Galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2019 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu este sábado á celebración do VIII edición do 'Nadal Galego' de Madrid.

Segundo informa a Xunta, este evento está organizado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, presidido por Pilar Falcón, en colaboración con outras entidades e asociacións de galegos emigrados á capital, todos eles integrados na Federación de Asociacións Galegas en Madrid.

En todos os decembros desde 2011, quince organizacións que garanten a presenza de Galicia en ámbitos dispares no terreo profesional --o xornalístico, o empresarial, o xurídico e o médico, entre outros-- e xeográfico --con sedes na capital, Móstoles, Alcobendas, Fuenlabrada, Alcalá de Henares, Colmenar, Collado-Villalba, San Sebastián de los Reyes, Tres Cantos e Alcorcón-- danse cita no lugar da convocatoria, este ano o Teatro La Latina.

A música xogou un papel importante na celebración do 'Nadal Galego' da man da Asociación Folclórica Rosalía de Castro e da artista cedeirense Guadi Galego.

Neste contexto, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo un chamamento a todos os galegos do exterior para que sigan facendo de fío "transmisor da nosa cultura alá onde vos atopedes".

Na Comunidade de Madrid viven 78.201 galegos e galegas censados, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) a 1 de xaneiro de 2019. Con todo, hai moitos outros que por diversas razóns continúan rexistrados nos seus municipios de orixe e tampouco se contabiliza as segundas e terceiras xeracións de galegos nados xa alí.

Nadal (Vigo)
Nadal (Vigo) | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta