Arquivada a denuncia do PP contra a concelleira da Marea Atlántica por prevaricación

A edil Claudia Delso insta aos populares a pedir "desculpas" e repróchalles a súa "campaña de desprestixio".

Por E.P. | A CORUÑA | 23/12/2019 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 8 da Coruña acordou o sobresemento provisional e o arquivo das actuacións en relación á denuncia presentada polo PP contra a concelleira de Marea Atlántica Claudia Delso, en relación aos usos do antigo cárcere e a súa adxudicación a 'Proxecto Cárcere'.

No auto, a xuíza asegura que non resultou "debidamente xustificada a perpetración do delito" que deu motivo á apertura dunhas dilixencias tras unha denuncia remitida por Fiscalía en base, á súa vez, á realizada ante o Ministerio Público polos populares.

Tras coñecerse a decisión xudicial, da que Claudia Delso tivo coñecemento este luns, a edil volveu a defender que a adxudicación dos usos do antigo cárcere respondeu a un procedemento "sen ningún tipo de lado oscurso". "Fixémolo con plucritude", sinalou en referencia ao anterior mandato de Marea Atlántica.

Ademais, vinculou o sucedido cunha "campaña de desprestixio e de lodo que adoita facer o PP" e lembrou que "todas as causas --contra os representantes de Marea Atlántica-- foron arquivadas". Por todo iso, instou ao PP a pedir "desculpas públicas", unha petición que fixo extensiva "a certas persoas que utilizaron esta cuestión para mancharnos politicamente".

ARGUMENTOS XUDICIAIS

No seu auto, a xuíza descarta que houbese prevaricación administración en relación a dúas resolucións, asinadas por Claudia Delso, pola que se adxudicou o uso do edificio da antiga prisión provincial da Coruña á asociación socio-cultural 'Proxecto Cárcere'.

Respecto diso, sinala que, segundo a declaración da propia edil, aprobouse a convocatoria e adxudicación en base aos informes técnicos e xurídicos favorables, algo ratificado por unha funcionaria que rexeitou a existencia de "algún problema xurídico".

No auto recóllese tamén que a entón portavoz do grupo municipal do PP e actual concelleira Rosa Gallego presentou tamén unha demanda no ámbito contencioso-administrativo contra a resolución de adxudicación.

"O que xa é indicativo de que, máis que unha infracción penal, podía tratarse dunha mera irregularidade administrativa. Noutras palabras, non existiría prevaricación porque cabería a posibilidade de soster a resolución cunha interpretación da lei distinta á que efectuaron os denunciantes", explica a xuíza no seu auto.

A concelleira Claudia Delso, o día da súa declaración nun xulgado da Coruña. MAREA ATLÁNTICA - Arquivo
A concelleira Claudia Delso, o día da súa declaración nun xulgado da Coruña. MAREA ATLÁNTICA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta