Galicia e Portugal poñen en marcha un protocolo de colaboración para vítimas de violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que o Goberno galego porá en marcha un protocolo de colaboración entre Galicia e Portugal para as mulleres vítimas de violencia de xénero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2019 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que o Goberno galego porá en marcha un protocolo de colaboración entre Galicia e Portugal para as mulleres vítimas de violencia de xénero.

Violencia de xénero
Violencia de xénero | Fonte: Getty Images.

Acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, Rueda inaugurou este luns en Salvaterra de Miño (Pontevedra) as xornadas 'Intercambio de experiencias de traballo Galicia-Norte de Portugal sobre Violencia de Xénero', no marco dun proxecto incluído no Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Norte de Portugal (Poctep).

O vicepresidente da Xunta destacou que a xornada de traballo que este luns leva a cabo reforza a unión entre Galicia e o Norte de Portugal e, neste caso, nun ámbito tan importante como é a unión contra a violencia de xénero.

Segundo a Xunta, fíxose unha análise dos equipamentos e dos recursos de Igualdade dos que se dispón na zona da fronteira así como un seguimento e estudo da normativa vixente que hai nos dous territorios.

Todo iso, indicou Vicepresidencia, "aproveitando as redes e recursos existentes e o intercambio entre colectivos e profesionais no ámbito da loita contra a violencia de xénero".

Alfonso Rueda indicou tamén que se deseñou unha guía para empresas en materia de conciliación e corresponsabilidade e que tamén se vai a pór en marcha unha campaña informativa para dar a coñecer os resultados do proxecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta