Temas: NADAL OURENSE

Aparece cos brazos cortados o neno Jesús do belén de Ourense e o alcalde quere converter o mutilado en atracción turística

Desparecera na madrugada do pasado sábado do nacemento instalado na Alameda de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/12/2019 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

A figura do neno Jesús que desapareceu na madrugada do pasado sábado do belén instalado na Alameda de Ourense apareceu este luns cos brazos curtados. Así o confirmou o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, que destacou que a intención do Concello é deixar tal e como apareceu a figura.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pousa coa figura do Neno Jesús recuperada nunha imaxe colgada por Democracia Ourensá no seu perfil de Twitter. DEMOCRACIA OURENSÁ
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pousa coa figura do Neno Jesús recuperada nunha imaxe colgada por Democracia Ourensá no seu perfil de Twitter. DEMOCRACIA OURENSÁ | Fonte: Europa Press

"Imos ver se xa se coñece o belén como o do neno Jesús dos brazos rotos, non o imos a reparar", manifestou o rexedor, que asegurou que a acollida do nacemento "está a ser unha marabilla".

"Isto é un sen cesar de xente, o único que faltaría é que lle empezasen a dar poderes sobrenaturais de milagre", indicou o alcalde, que asegurou que na tarde deste luns "máis de cen persoas" se achegaron á zona para ver o belén.

Precisamente, o nacemento instalado polo Concello de Ourense desatou a polémica polas figuras que o conforman ata o punto no que se abriu unha campaña na plataforma 'Change.org' na que se pide a súa retirada.

"O alcalde de Ourense prometeu que en Nadal instalará un belén xigante na zona vella da cidade. Unha atracción sen precedentes para o goce dos pequenos e maiores, e que atraería visitantes de todo o Estado e mesmo de Portugal", sinala a campaña.

Con todo, o texto publicado na plataforma sinala que o instalado pode describirse como un "pesadelo dun belenista macabro". "Figuras arrepiantes vestidas con traxes de saldo, animais que non se recoñecen, castelos feitos con caixas de electrodomésticos...", censura.

Temas: NADAL OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Pitito

Esta claro, foron os comunistas independentistas galegos que odian a ese neno por ser amigo de Jacome, Baltar e Feijoo, non si? Que o alcalde o nomee cabaleiro mutilado da Cruzada Jacomita Ourensá xa!!!

1 o neno

A este faltalle un fervor. En fin...w disfrutar do votado.