Atopan morto ao mozo desaparecido en Ordes

Axentes da Garda Civil, persoal de emerxencias, drones da Axega, familiares e amigos levaban horas buscando a este mozo de 19 anos desaparecido na noite do sábado ao domingo após participar nunha cea do Nadal da súa empresa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2019 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

O mozo desaparecido en Ordes foi atopado morto na mañá deste martes na parroquia de Leira, onde foi visto por última vez.

Control da Garda Civil da Coruña. GARDA CIVIL
Control da Garda Civil da Coruña. GARDA CIVIL

Así o confirmou a Europa Press o alcalde do municipio, José Luís Martínez, quen explica que o corpo foi achado sobre as 9,50 horas deste martes no marco dun amplo dispositivo de búsqueda.

Axentes da Garda Civil, persoal de emerxencias, drones da Axega, familiares e amigos levaban horas buscando a este mozo de 19 anos desaparecido na noite do sábado ao domingo após participar nunha cea do Nadal da súa empresa. Unha vez concluída, pediulle a un compañeiro que o deixase na parroquia de Leira, en Ordes.

O alcalde dirixiuse ao lugar no que apareceu o corpo, no que se atopan diversos equipos de emerxencias e forzas da orde que participaban no dispositivo. Fontes da Garda Civil explican que o falecido foi achado por un grupo de voluntarios no monte de Ardemil, na zona de Brumeiral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta