Restablecida a subministración eléctrica de todos os fogares afectados polo temporal

Durante a noite do sábado 21 de decembro, Naturgy chegou a contabilizar 78.000 fogares sen luz.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2019 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

A subministración eléctrica de todos os fogares afectados polo temporal quedou restablecido tras varios días de incidencias que chegaron a deixar sen luz miles de fogares en Galicia.

Segundo explican fontes de Naturgy a Europa Press, a rede de distribución eléctrica está "normalizada" nesta xornada de Noiteboa, de forma que xa non quedan incidencias pendentes polo temporal. Con todo, nos próximos días levarán a cabo diversas reparacións para que haxa arranxos de forma "definitiva" dos problemas ocorridos.

As brigadas, operadores de rede e plataforma telefónica de UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, traballaron na resolución de todas as incidencias que provocou o paso do temporal 'Fabien'. Na maior parte, foron causadas pola caída de árbores, ramas e cortizas sobre as liñas.

Durante a noite do sábado 21 de decembro, Naturgy chegou a contabilizar 78.000 fogares sen luz, nunha xornada na que houbo tres falecidos dunha familia de Curtis --un matrimonio de octoxenarios e o seu fillo-- pola inhalación de monóxido de carbono provocado polo uso dun xerador eléctrico tras un apagamento.

Cables de electricidade. EUROPA PRESS - Arquivo
Cables de electricidade. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta