Máis de 300 expertos participan na elaboración do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 que prepara a Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2019 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Máis de 300 expertos de diferentes ámbitos colaboraron na elaboración do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 que prepara a Xunta e cuxa segunda fase de participación desenvolveuse ao longo deste mes de decembro.

Diso informou o Executivo autonómico nun comunicado, no que destaca que o Plan Estratéxico será a folla de ruta das actuacións de todo o Goberno galego para a próxima década, e dará continuidade ao actual plan 2015-2020. Segundo explicou a Administración autonómica, os traballos preparatorios teñen como obxectivo establecer as prioridades e retos do novo Plan Estratéxico, para o que considera fundamental abordar previamente este proceso cos expertos de cada ámbito.

Para iso, puxéronse en marcha catro grupos de traballo. No primeiro, abordouse a dinamización demográfica e o benestar, con mesas sobre familia, sanidade, emprego, educación e vivenda. O segundo versou sobre medio ambiente e cambio climático, con mesas relacionadas co ciclo da auga, a eficiencia enerxética ou a mobilidade.

O terceiro abordou a competitividade, con mesas sobre I+D+i, tecnoloxías da información, fomento de actuacións económicas ou infraestruturas. Por último, o cuarto grupo tratou sobre cohesión social e territorial, con mesas sobre inclusión social e igualdade, ordenación do territorio, emigración ou cultura.

COMUNIDADE "PIONEIRA"

A Xunta destacou que Galicia é a comunidade autónoma de referencia en vincular a acción de Goberno á planificación estratéxica. Así, asegurou que foi pioneira na aprobación dun plan estratéxico de carácter global e sinalou que este será o terceiro, despois dos dos períodos 2010-2014 e 2015-2020.

Expertos participan na elaboración do Plan Estratéxico de Glaicia 2021-2030. XUNTA
Expertos participan na elaboración do Plan Estratéxico de Glaicia 2021-2030. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta