Feijóo insinúa que volverá gañar en 2020

"As previsións económicas de 2020 serán incertas, pero garantimos estabilidade política", asegurou ao ser preguntado pola situación da economía galega para o vindeiro ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2019 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu que as "previsións económicas" en 2020 en Galicia son "incertas" --situación que vinculou fundamentalmente coas incertezas do escenario político estatal--, pero garantiu "estabilidade política e orzamentaria". Un feito que vinculou coas eleccións galegas do vindeiro ano e a posibilidade de que volva saír vencedor "cun goberno estable".

Pablo Casado e Alberto Núñez Feijóo nun mitin en Nigrán (Pontevedra)
Pablo Casado e Alberto Núñez Feijóo nun mitin en Nigrán (Pontevedra)

"Hai máis estabilidade en Galicia sabendo que en 2020 haberá eleccións autonómicas que a que hai na política española", dixo Feijóo, quen se mostrou convencido de que tamén das urnas galegas o próximo ano "sairá un goberno estable".

Sobre o aviso do Foro Económico de Galicia, o presidente subliñou que, se se analiza a última década entre 2008 e 2018, "o resumo" é que Galicia "crece algunhas décimas e centésimas máis das consolidadas ata agora".

Dito isto, reivindicou que en Galicia "hai e haberá estabilidade política", mentres que no Goberno estatal "non", o que interpretou como "un mal presaxio económico". Así, fixo fincapé nas "incertezas moi potentes" que hai sobre a mesa, dada a "ausencia" no Estado de "política estable" e "dun Goberno previsible".

Nos compromisos con Galicia que poderían influír no plano económico, eximplificou co AVE, do que non hai, a día de hoxe, "máis que a confirmación do incumprimento" das datas comprometidas e da "soberbia" do Goberno que dirixe Pedro Sánchez.

Tamén lamentou que Sánchez "non teña tempo" para atender as demandas das empresas electrointensivas e de velar por empregos chaves como os da factoría de Alcoa en San Cibrao, entre outros, mentres "negocia" para tratar de ser investido presidente. "O importante é quedar ben con ERC e humillarse nos termos que concrete ERC", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Meniño do peares

As previsións económicas para Galiza serán unha merda, mais garantimos estabilidade para as enchentas dos vellos no 2020.

4 anonimo

Desde logo o que " Moine" non fai é " analisar", Seguimos ca trécola de tentar aplicarlle a todo o rollo colonial. ¿ Seica non hai en Galicia, por exemplo, una liña de alta velocidade Coruña - Vigo, con 16 trens ao día, infraestructuras, universidades ou hospitales ? Nada seguimos cos panfletos terceiromundistas de fai sesenta anos. Ah, e se " analisas" deberías saber que Navarra e o Pais vasco teñen un nivel de vida mais alto que Madrid, e menos paro. pero, eso, a seguir cos panfletiños fósiles. Para algúns Galicia é Bangla Desh ou Gambia.

3 anonimo

1. O da " miseria da emigraçom" soa aos segadores a Castela no XIX, a xente a pasar fame, etc: soa a panfleto do século pasado.. 2. Non parece que haxa ningún goberno que poida impedir que para algunha xente caulificada haxa mais oportunidades fora que dentreo: eso non pasa so en Galicia., pasa en todas partes. 3. O Avant Coruña - Ourense é algo caro, pero desde logo non " escandaloso". ida e volta ten o 20 % de desconto. Coruña - Vigo , tamén en alta velocidade, ( mais ou menos a mesma distancia, e tempo case igual) e sensiblemente mais barato.

2 Gamela

AVE non sei, pero a subida do prezo do ferrocarril é un escándalo 25 € Coruña-Ourense (cando deberamos subvencionar o transporte colectivo coma fan cos autobuses!) O de Pedrito Sánchez é o camiño do neoliberalismo pola cara, senón que llo pegunten ao Pujol ao que lle prescribiron 840.000 € mentras ao resto dos mortais os abrasan a multas por miserias! Este silencio espeso dos Marqueses de Galapagar non anuncian nada bo... agora só falta chegar a acordos cos da República de Montserrat mentras pagamos a festa!

1 Moine

Nada se pode aguardar da Vila e Cortelho que nom seja a emigraçom e o saqueio dos recursos do País. Só com analisar a rede ferroviária, a de estradas, os assentamentos fiscais e sociais das grandes empresas, informa-nos que Espanha é Madrid, e o demais território ocupado.

2 Gamela

Territorio ocupado, polos mesmos de sempre ! Non se mira por ningures que haxa "territorio liberado algún" en canto poden mandar todos fan o mesmo: recadan cartos e privatizan servizos (para seguir recadando máis aínda) ? Non se mira nada distinto no horizonte... de momento (?)

1 Moinante

E volverá a ganhar, porque os galegos querem. A pergunta a fazer é a seguinte: Por que os galegos querem a miséria da emigraçom como única alternativa para poder sobreviver. Que somos os galegos?, talvez a resposta seja dolorosa; mas a nossa conduta colectiva é a de um fato de ílotas.

1 Xeitoso

Non compañeiro, @s galeg@s non so idiotas. Mais poder da dereita dura desde o franquismo, e controla tofo o País. Desde as empresas, aos medios de comunicación. Somos nós @s que temos que convencer ás nosas amizades, de que Galiza, ou se ergue ou esmorece.