CSIF é o sindicato con maior representación nos concellos galegos

Sitúase por riba de CC.OO, CIG e UGT.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2019 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

CSIF é o sindicato con máis representación nos concellos galegos, onde conta con maioría nun 48% deles, segundo informa nun comunicado.

En concreto, pecha o ano con 306 delegados na administración local, por encima de CC.OO., CIG e UGT, que ocupan o segundo, terceiro e cuarto posto, respectivamente.

Ademais, CSIF é a central con maior apoio e representación en cinco das sete cidades galegas, tanto entre o persoal funcionario como o laboral. Así ocorre na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol.

Unha circunstacia que se produce tamén en boa parte dos 25 municipios máis poboados en Galicia. Na actualidade, CSIF conta con representación en 275 dos 313 municipios existentes.

Concentración do persoal de Correos
Concentración do persoal de Correos | Fonte: CSIF Comunicación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta