A investigación ratifica que o matrimonio de Curtis e o seu fillo morreron polo monóxido do xerador

O matrimonio de octoxenarios foi localizado sen vida na súa cama na parroquia de Fisteus e o fillo de ambos, de 52 anos, atopábase nun garaxe no que estaba a funcionar un xerador de corrente a combustible.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/12/2019 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A investigación da Garda Civil ratificou que o matrimonio de Curtis e o seu fillo faleceron debido "a unha intoxicación por monóxido de carbano provocado por un xerador sen ventilación", segundo confirmaron a Europa Press desde a Benemérita.

En relación a este caso, confirmaron que a investigación se deu por concluída, ratificando o que se apuntou xa nun primeiro momento, que a morte se produciu por intoxicación por monóxido de carbono tras o uso dun xerador eléctrico, "sen ventilación", durante un apagamento.

O matrimonio de octoxenarios foi localizado sen vida na súa cama na parroquia de Fisteus e o fillo de ambos, de 52 anos, atopábase nun garaxe no que estaba a funcionar un xerador de corrente a combustible.

O pasado sábado sobre as 20,00 horas houbo un apagamento polo temporal, polo que entón, segundo se apuntou tras coñecerse o suceso, púxose a funcionar este xerador eléctrico, que estaba no soto e que motivou a acumulación de monóxido de carbono, que se propagou pola vivenda.

Garda Civil. GARDA CIVIL
Garda Civil. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta