Cortado un carril da Autovía do Noroeste en Betanzos pola vertedura dun trailer

A esta hora, segundo informan fontes da Dirección Xeral de Tráfico, o vehículo segue no punto á espera dos guindastres que o retirarán da estrada.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/12/2019 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O carril dereito da A-6 en sentido A Coruña permanece cortado desde a madrugada deste venres debido a que un tráiler que circulaba á altura de Betanzos saíu da vía, envorcou e derramou combustible pola estrada.

Segundo informa o 112, este camión de transporte de paquetería sufriu o accidente sobre as 4,00 horas da madrugada, momento no que un particular informou de que o vehículo perdía gasóleo e deixaba unha mancha na beiravía.

O sinistro ocorreu á altura do punto quilométrico 567 da A-6, en Betanzos. O tráiler envorcou tras saír da estrada e parte do combustible derramouse. A pesar do accidente, o condutor resultou ileso.

Tras recibir o aviso, o 112 puxo en alerta ao persoal de Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Betanzos, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil.

Pola súa banda, os bombeiros tiveron que empregar materiais absorbentes para conter a vertedura. O resto do gasóleo foi transvasado a distintos bidóns e recollido nun camión cisterna.

Así mesmo, a central de emerxencias requiriu a intervención do persoal de mantemento da estrada, que sinalizou a zona tras prestar a súa colaboración no transvasamento do combustible.

A esta hora, segundo informan a Europa Press fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), o vehículo segue no punto á espera dos guindastres que o retirarán da estrada.

Tramo da estrada
Tramo da estrada

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta