Iniciativa Galega pola Memoria critica á Xunta por obviar ás políticas sobre a memoria

Apela ao "consenso" do Parlamento para que a Xunta "execute" as súas reivindicacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2019 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia



O portavoz da Iniciativa Galega pola Memoria, Matías Rodríguez da Torre, reuniuse este venres co Grupo Común da Esquerda, o BNG e En Marea do Parlamento de Galicia e apelou ao "consenso" entre forzas políticas para que a Xunta "execute" políticas acordes ás súas reivindicacións.

Así o expresou Rodríguez da Torre en declaracións aos medios tras manter un encontro no Pazo do Hórreo cos deputados Ánxeles Cuña (Común da Esquerda), Xosé Luís Rivas 'Mini' (BNG) e Paula Vázquez Verao (Mixto).

Segundo palabras do seu impulsor, a Iniciativa Galega pola Memoria agrupa a "medio centenar de colectivos" de Galicia que desde fai máis dunha década busca que "se fagan políticas de memoria, se faga unha condena explícita do franquismo e se loite contra a impunidade que supuxo" a Lei de Amnistía de 1977.

Neste contexto, Matías Fernández da Torre cargou particularmente contra a Xunta, porque nesta Administración "non se fan esas políticas públicas" de memoria "e mesmo hai lugares simbólicos", como a Illa de San Simón, na ría de Vigo, "nos que se está furtando esa memoria, ese coñecemento da verdade".

Por iso, esixen que esta illa sexa un lugar "que teña como usos prioritarios o recoñecemento e difusión da homenaxe ás vítimas da represión" franquista para que "se coñeza realmente o que ocorreu alí".

Así as cousas, Iniciativa Galega pola Memoria apelou a que "haxa un consenso" en canto a estas políticas entre os grupos do Parlamento autonómico "para que logo o Goberno galego as execute".

Illa de San Simón, na ría de Vigo
Illa de San Simón, na ría de Vigo | Fonte: turismo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta