Animalistas pedirán a prohibición da pirotecnia para "protexer" as persoas vulnerables e animais

A Asociación Animalista Libera avanzou este domingo que trasladará unha proposta á Xunta, ao Parlamento galego e á valedora do Pobo para substituír os espectáculos pirotécnicos por outros "menos lesivos" para "protexer" a persoas vulnerables e animais, especialmente en celebracións como o Día do Apóstolo e, mesmo, o Nadal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2019 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera avanzou este domingo que trasladará unha proposta á Xunta, ao Parlamento galego e á valedora do Pobo para substituír os espectáculos pirotécnicos por outros "menos lesivos" para "protexer" a persoas vulnerables e animais, especialmente en celebracións como o Día do Apóstolo e, mesmo, o Nadal.

A organización aposta por seguir o exemplo do Goberno arxentino, que prohibiu recentemente á administración pública a realización de espectáculos con "estrondo" ou "sonoros". Desta forma, Libera propón restrinxir o emprego de produtos que xeren máis de 80 decibeles xa que a OMS indica que "un son superior a 85 decibeles supón un risco de perda auditiva se se repite no tempo".

Segundo a entidade, os espectáculos pirotécnicos poden superar os 110 decibeles, "con risco de dano inmediato" tal e como recolle a Comisión de Audiología da Sociedade Española de Otorrinolaringología.

PERSOAS CON TEA, HIPERACUSIA E ANIMAIS, OS MÁIS SENSIBLES

Ademais, a asociación advirte que a reacción é maior en animais pois son "máis sensibles ao ruído" e os estrondos poden causarlles "ataques cardíacos e a morte", e en persoas con TEA ou hiperacusia, nas que o efecto pode chegar a "sufrimentos físicos a través de golpes ou autolesiones" á parte do sufrimento emocional.

Libera engadiu que os efectos contaminantes da pirotecnia, derivados da combustión dos elementos usados na fabricación dos artefactos, como o aluminio ou o cloro, son tamén unha razón "de peso" para a súa prohibición.

Can.
Can. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 FartodenaZis

Una vez más se comprueba que no hay gente más intolerante que los llamados animalistas. Acabarán intentando prohibir que pisemos la hierba.

1 A Marte troncos

Estes rapaces acabarán prohibindo todo. Eu tamén quero prohibirlles a eles que peideen porque contribúen ao efecto invernadoiro. Deberían vivir á intemperie porque facer casas supón destruír o hábitat de formigas e outros animais que habitaban ese chan. E ir sempre, sempre, pero sempre a pe. Se algún deles montou algunha vez en coche, tren ou avión que se absteña de criticar nada porque xa non é inocente, xa contribuíu a danar o medio e os animais.