Investigan un individuo por estafa en Boiro facéndose pasar por unha empresa financeira e ofrecer un crédito

A Garda Civil do Posto de Noia investigou a un veciño de Lousame como presunto autor dun delito de roubo con forza nun local de hostalaría.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2019 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

A Garda Civil investigou un home de Boiro como presunto autor dunha estafa telemática ao facerse pasar unha suposta empresa financeira que ofrecía un crédito de 7.000 euros. O Equipo de Estafas Telemáticas da Compañía de Noia procedeu á comprobación dos feitos por mor da denuncia que a vítima realizou nun cuartel de Alacante.

Nela comunica que, tras a contratación do servizo da suposta empresa, o presunto delincuente pediulle un primeiro abono de 370 euros en concepto de apertura, contrato e seguro, e un segundo de 750 euros de comisión polas xestións realizadas.

Tras o ingreso destas dúas cantidades, o individuo rompeu a comunicación coa vítima, que non chegou a recibir o importe solicitado nin a recuperar os 1.120 euros abonados. O investigado, xunto coas actuacións realizadas, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira.

DELITO DE ROUBO VALORADO EN 2.890 EUROS

Por outra banda, a Garda Civil do Posto de Noia investigou a un veciño de Lousame como presunto autor dun delito de roubo con forza nun local de hostalaría. A vítima denunciou os feitos o pasado 11 de novembro.

GARDA CIVIL
GARDA CIVIL

Na acusación, comunicaba que alguén forzara a porta traseira do seu local e que subtraera unha máquina rexistradora, 550 euros en moedas e 440 euros en lotaría. A vítima valoraba o roubado en 1.690 euros e os danos causados en 1.200 euros. O investigado, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Noia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta