Esquerda Unida dá por "estable" o acordo con Podemos de cara ás galegas e di que a súa "intención" é sumar a Anova

Eva Solla cre que "a falta de persoal" e de "estabilidade" laboral é "o elemento central a todos os problemas" da sanidade galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2019 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida (EU), Eva Solla, considera que a súa formación ten xa un acordo "estable" con Podemos para formar candidaturas para distintas citas electorais e di que, de cara ás autonómicas do 2020, a súa "intención" é sumar "aos compañeiros de Anova".

Nunha entrevista concedida este domingo a Radio Nacional, recollida por Europa Press, Eva Solla lembra que a concorrencia xunto con Anova aos comicios --salvo as xerais deste 2019 por falta de acordo-- "vén sendo así desde 2012", cando se xestou Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).

Por iso, lembrou que Esquerda Unida xa solicitou formalmente unha reunión á formación nacionalista para "a primeira quincena do mes de xaneiro", coa intención de "construír ese acordo" para as eleccións autonómicas.

Preguntada sobre se haberá conversacións con En Marea despois de que este espazo --como plataforma da que formaban parte Podemos, EU e Anova, entre otrtos-- saltase polo aire o pasado xullo, Solla respondeu: "Non podemos volver cometer os erros que se fixeron".

"Creo que fixemos alguntas cousas mal e no seu momento xa dixemos que o modelo de confluencia debería respectar ás organizacións políticas para que non houbese esas tensións", explicou, para a continuación apostar por "eliminar eses elementos que causaron problemas no pasado".

Eva Solla, quen recentemente foi elixida candidata de Esquerda Unida á Presidencia da Xunta á espera de que frutifique ese diálogo con forzas de esquerda, considera que a súa formación "xa empezou" con este proceso interno hai tempo "para ter os deberes feitos" e "construír" esa candidatura unitaria para o 2020.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, en rolda de prensa. ESQUERDA UNIDA - Arquivo
A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, en rolda de prensa. ESQUERDA UNIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Gamela

Como sabedes téñolle unha especial manía aos "falabarato" que veñen á política para vivir como núnca das Institucións. Hoxe publica El Pais un artigo de Muñoz Molina sobre Greta Thunberg no que se recollen estas palabras: "La insufrible arrogancia política y moral de tantos fantasmones de entonces hubiera debido vacunarnos contra ese tipo de heroísmos progresistas que consistían solo en nubes de palabras destinadas a envolver comportamientos con frecuencia canallescos... conocemos a activistas contra el calentamiento global que viajan a las cumbres internacionales en aviones privados." Para min unha Comunista que empeta 96.000 euros sen abrir siquera a boca non merece confianza algunha ! https://elpais.com/elpais/2019/12/3... E o problema está en Galapagar: Irene Montero - Alberto Garzón - Yolanda Díaz etc.

3 Xoana

Que amables estes de EU. Deixan ir con eles a ANOVA, que boa xente... A Eva Solla encántalle todo este xogo (sobre todo se vai ela nas listas), pois volver ao paro despois de tanto tempo é jodido.

2 Gamela

Esta muller pensa que basta con pasar páxina? Se esta é a súa política non a precisamos para nada, pagamos 96.000 euros anuais para que bloqueen á cidadanía ? https://cabozo.com/taboext.php?grup...

1 Dalle que libras

Agardemos que Beiras non se deixe insultar, novamente, por Yolanda Díaz