Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 30/12/2019 | Actualizada ás 19:16
Catro veciños de Ferrol en situación de exclusión social faleceron nun prazo de tres días, concretamente entre o 23 de decembro e o día 26, mentres milleiros de persoas festexan o Nadal en familia. Todos eles eran usuarios dos servizos sociais municipais e tamén recibían axuda de Cáritas Diocesanas.
Segundo apuntaron a Europa Press fontes municipais, o Concello de Ferrol fíxose cargo do enterro de tres deles e, supostamente, as súas mortes non gardan ningún tipo de relación. Ademais, outras fontes trasladaron que todos eles eran homes e que polo menos tres tiñan adicións a sustancia estupefacientes, mentres que un catro padecía problemas co alcol.
Así, durante a mañá do 23 de decembro faleceron dous deles, un terceiro facíao tamén na mañá do día de Noiteboa, mentres que o día 26 producíase o cuarto falecemento.
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
Dous dos homes faleceron no Hospital Arquitecto Marcide, un deles estaba ingresado, mentres que o segundo fíxoo horas máis tarde cando se atopaba no servizo de urxencias do hospital ferrolán.
O día 24, unha comisión xudicial tívose que desprazar ata a rúa Pontevedra, no bloque 9-11, tras recibir o aviso do falecemento dun deles. A todos eles practicóuselles a autopsia que serán as que determinen as causas reais destas mortes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.