A Policía Autonómica puxo na última semana 15 multas por consumo de alcol e drogas entre menores

A Xunta explica que estes controis fanse "para evitar o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2019 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 116 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco en 13 concellos galegos entre o 23 e o 29 de decembro, segundo informa a Consellería de Presidencia. Nestes controis identificáronse a 41 persoas e levantáronse 15 actas de infracción.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago nesta pasada semana realizáronse 25 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcol/tabaco e drogas en menores de idade) nos concellos de Ames, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Xinzo de Limia, Baiona, Marín, Moaña, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 41 persoas e inspeccionadas 116 zonas de lecer, locais e centros comerciais. Levantáronse 15 actas de infracción: unha por consumo de alcol, dez por venda de alcol e catro por consumo de alcol e tabaco.

A Policía Autonómica, desde a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade "para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade", explica a Xunta.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da citada lei, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores.

A Xunta entrega coches á Policía Autonómica
A Xunta entrega coches á Policía Autonómica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta