O 2020, o ano das pontes no traballo

O calendario laboral do vindeiro ano recolle 12 festivos, con moitas pontes de tres días.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2019 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

O calendario laboral de 2020 recolle un total de 12 días festivos nacionais, os mesmos que en 2019, dos que oito se celebrarán de forma conxunta en toda España. Cinco deste oito festivos nacionais caerán en luns ou venres, o que posibilitará pontes de polo menos tres días para quen non traballen en fin de semana.

Os oito festivos nacionais que serán festa en toda España en 2020 son: este mércores 1 de xaneiro (Ano Novo), o luns 6 de xaneiro (Epifanía do Señor), o venres 10 de abril (Venres Santo), o venres 1 de maio (Festa do Traballo), o sábado 15 de agosto (Asunción da Virxe), o luns 12 de outubro (Festa Nacional de España), o martes 8 de decembro (Inmaculada Concepción) e o venres 25 de decembro (Natividade do Señor).

Outros dous festivos comúns, 1 de novembro (Todos os Santos) e 6 de decembro (Día da Constitución Española), caen en domingo, polo que as comunidades autónomas poden desprazar a celebración ao luns seguinte ou a outro día. Así, o luns 2 de novembro será festivo en Andalucía, Aragón, Asturias, Castela-A Mancha, Estremadura e Madrid, comunidades que decidiron desprazar a festa de Todos os Santos.

En Semana Santa, o xoves 9 de abril será festivo en todas as comunidades autónomas, salvo en Cataluña e en Comunidade Valenciana. Ao ser festivo común a toda España o Venres Santo (10 de abril), os traballadores da maior parte das comunidades poderán gozar de catro días de descanso ou de tres no caso de Cataluña e Comunidade Valenciana.

Pola súa banda, o xoves 19 de marzo (San Xosé) só será festa en Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Galicia, Murcia, Navarra e País Vasco. Así mesmo, o sábado 25 de xullo (Santiago Apóstolo) será festivo só en Galicia e País Vasco.

Desta forma, en cada comunidade e en cada cidade autónoma poderase gozar de 12 festivos en 2020, incluíndo os comúns a toda España, os que se poden substituír ou non e os festivos autonómicos. No entanto, a estes 12 días, haberá que sumar tamén os festivos de carácter local (2 días).

Terraza en Santiago de Compostela
Terraza en Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta