Cs critica que Feijóo "bota balóns fóra" sobre unha Galicia "cada vez máis estancada, envellecida e illada"

Bermejo censura que o presidente fale dunha Galicia "autogobernada": "Coma se a nosa realidade se debuxara fora da do resto do país".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2020 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O secretario de Organización de Cs Galicia, Laureano Bermejo, criticou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "esqueceuse" no seu discurso de Fin de Ano dos problemas "reais" de moitos galegos e se encargou de "botar balóns fóra, adxudicando responsabilidades á Administración central coma se el non tivese nada que ver".

A través dun comunicado, Bermejo lamenta que o mandatario galego termine o 2019 entregando unha Galicia "cada vez máis estancada, envellecida e illada". "Unha Galicia estancada en canto a emprego cun éxodo masivo dos nosos mozos, unha costa e unha Galicia rural sen opcións e cunha política industrial que nos leva á peor situación económica da industria galega", afea. Así mesmo, lamenta que Feijóo deixa unha Comunidade con infraestruturas "máis propias do século pasado".

Bermejo tamén fai referencia aos "serios problemas" que ten a Xunta "para garantir unha sanidade de calidade", algo que "evidenciaron" as reivindicacións dos profesionais de Atención Primaria ou, máis recentemente, as protestas polo paridoiro do Hospital de Verín (Ourense).

Beatriz Piñeiro e Laureano Bermejo presentan as  novas incorporacións á Executiva Nacional do partido.. CIDADÁNS - Arquivo
Beatriz Piñeiro e Laureano Bermejo presentan as novas incorporacións á Executiva Nacional do partido.. CIDADÁNS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta