Rede en Apoio ós Refuxiados organiza un acto de denuncia das políticas migratorias da UE

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2020 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas organiza este xoves, en Santiago de Compostela, un "círculo de silencio" para lembrar e denunciar as mortes "que provocan as políticas de migración e refuxio" de España e toda a Unión Europea (UE).

Segundo informa a organización, este acto público celébrase despois dun mes de decembro e dunhas datas de Nadal "con centos de persoas mortas ou desaparecidas" preto das costas españolas. A estas hai que sumar as vidas que quedan nos desertos de África e de Oriente Próximo, antes de chegar a Europa.

Este "círculo de silencio", que tamén se desenvolve noutras cidades e municipios de Galicia, de España e do mundo, será en Praza de Cervantes ás 20,00 horas.

Refuxiados
Refuxiados | Fonte: Gabriel Tizón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta