Localizado o home desaparecido desde o pasado domingo en Ourense

O home púxose en contacto coa familia.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 02/01/2020 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O home Carlos Daniel Olivera Milán, de 40 anos, desaparecido desde o pasado domingo, 29 de decembro, na provincia de Ourense foi localizado en bo estado.

Así o confirmaron este xoves a Europa Press fontes da plataforma SOS Desaparecidos, que explicaron que o home se puxo en contacto coa familia.

De feito, a plataforma SOS Desaparecidos difundiu un cartel no que describía ao desaparecido como un home de 1,80 de estatura, de complexión delgada, ollos de cor mel e con barba e pelo canoso, con residencia nunha furgoneta Citroën Jumper.

Cartel do aviso de desaparición do home Carlos Daniel Olivera Milán.. SOS DESAPARECIDOS
Cartel do aviso de desaparición do home Carlos Daniel Olivera Milán.. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta