Feridos tras chocar co seu coche con varios xabarís en Oleiros

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/01/2020 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Dúas persoas, unha delas un menor, resultaron feridas na noite deste xoves despois de que o vehículo no que circulaban chocase contra varios xabarís que interceptaron na vía en Oleiros.

Xabaril na estrada
Xabaril na estrada | Fonte: Europa Press.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar no punto quilométrico 586 da estrada  N-VI sobre as 22,30 horas deste xoves.

Foi unha persoa particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia, tras o que os xestores do  CIAE pasaron o aviso a  Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, ao Servizo Municipal de Protección Civil e aos Bombeiros de Arteixo.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico que trasladou a un menor ao Hospital Materno Infantil na Coruña, confirmaron fontes sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta