O BNG asina o 'si' a Pedro Sánchez e cualifica de "auténtico golpe de Estado" a decisión da JEC de inhabilitar a Torra

O deputado no Congreso, Néstor Rego, considera un "despropósito" xurídico a decisión, tras saír da reunión na que nacionalistas e socialistas asinaron o pacto de investidura.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 03/01/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O deputado de Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, sinalou este venres que a decisión da Junta Electoral Central (JEC) de inhabilitar a Quim Torra como presidente da Generalitat de Cataluña é "un auténtico golpe de Estado político" e un "despropósito" xurídico.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: BNG

Tras rubricar o acordo co PSOE que supón o 'si' dos nacionalistas galegos á investidura do candidato socialista, Pedro Sánchez, o deputado do BNG sinalou que a JEC "non é un tribunal" e solidarizouse tanto con Torra como co presidente de Esquerra Republicana (ERC), Oriol Junqueras, ao que o citado órgano decidiu non outorgar a credencial como eurodeputado.

Sobre o acordo subscrito co PSOE, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou que se conseguiu pór a Galicia no mapa político do Estado dando solucións aos problemas sociais e económicos de Galicia.

En concreto, entre outros asuntos, destacou que hai un compromiso para que haxa unha transferencia da AP-9 con rebaixa nas peaxes e avances importantes en temas como a crise da industria galega.

"É un día importante para os galegos, para que haxa solucións fronte ao que pasou no últimos dez anos. Temos un Goberno da Xunta sen alternativas e cun presidente que está fóra de xogo, máis preocupado en ser muleta de Pablo Casado que en defender os intereses do país", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 pepemaria golpista

están rabiosas as ratas facistas, algún xa fala de que as eleccions non foron lexitimas que ha que repetir a votación a pedro de sanchez... o pepeiro e os xuices da sua banda a torpedear a democracia no nome da sacrosanta "prostitución" namentras o pepeiro fala de mobilizacions, de venezuelas, de independentismo, de bildiu e de pnv... a que xogan estes pirómanos fillos de putifar... pero que se cren os miserables estes que somos idiotas ou que!!!

1 Gamela

Os papeis os leva o vento... ¿Dende cando os PSOEs cumpren o que prometen? Aquí sabemos dalgún que leva doce anos facendo PROPAGANDA que pagamos nós ! Pero do que se dí ao que se fai... vai un MUNDO !