Caballero valora a "clara prioridade social" e o "compromiso" con Galicia do proxecto de Goberno de Sánchez

Considera un "bo discurso" o do candidato socialista á Presidencia do Goberno central.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2020 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, valorou o "bo discurso" do candidato socialista á Presidencia do Goberno, Pedro Sánchez, de quen destacou a súa "clara prioridade social" e o seu "compromiso cos grandes temas de Galicia".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press

Caballero asistiu este sábado ao comezo da sesión de investidura no Congreso e asegurou que Sánchez ten "un proxecto de goberno positivo" para o conxunto do país.

"Mostrou unha clara prioridade social", remarcou o líder de filas dos socialistas galegos, quen subliñou tamén os "avances" formulados en "modernizacións e liberdades".

Ademais, Gonzalo Caballero mostrouse convencido de que Sánchez incorporará á súa xestión "as cuestións importantes" para Galicia no ámbito das infraestruturas, nomeadamente a AP-9, así como en materia industrial e social.

"A Galicia vaille ben cun Goberno progresista liderado por Pedro Sánchez, porque prioriza o compromiso social e a defensa do benestar e os servizos públicos e porque resolve os asuntos pendentes importantes para Galicia", concluíu o secretario xeral do PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta