O Gordo de El Niño cae en Rianxo

O número 57342 está dotado con 2.000.000 de euros por serie.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/01/2020 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O número 57342 foi agraciado co 'Gordo' do Sorteo Extraordinario de 'El Niño', dotado con 2.000.000 de euros por serie e cae, entre outras localidades, na coruñesa de Rianxo.

Sorteo de El Niño.
Sorteo de El Niño.

En concreto, o número foi vendido pola administración de Taragoña, en Rúa Campo de Pazo número 9.ç

O segundo premio, dotado con 750.000 euros por serie, foi para o número 21816. Mentres, o terceiro premio foi para o número 26706, dotado con 250.000 euros a serie.

Este segundo premio tamén foi repartido en Galicia, na Administración da Rúa Rosalía de Castro, en Nigrán, Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta