O CSIC lanza en Galicia unha plataforma de transferencia científica ao rural para loitar contra o despoboamento

O proxecto comezará tamén en Asturias e Castela e León coa intención de estenderse por toda a denominada 'España baleirada'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2020 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) puxo en marcha unha iniciativa destinada a loitar contra o despoboamento rural mediante a transferencia de investigacións científicas. O proxecto comezará en Galicia, Asturias e Castela e León coa intención de estenderse por toda a denominada 'España baleirada'.

Plataforma interdisciplinar impulsada polo CSIC contra o despoboamento
Plataforma interdisciplinar impulsada polo CSIC contra o despoboamento | Fonte: CSIC.

A Plataforma Temática Interdisciplinar (PTI) Alcinder, integrada por 16 grupos de investigación e empresas de diversos sectores, ten como obxectivo fixar poboación na contorna rural a través de iniciativas emprendedoras baseadas no I+D+i.

"O noso obxectivo é facilitar alternativas para a creación de microindustrias rendibles que combinen tecnoloxía punteira, recursos naturais, agrícolas e gandeiros, a cultura, a paisaxe e o capital humano" sinalou a responsable do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia e coordinadora do proxecto, Carmen Martínez.

Así mesmo, a investigadora afirmou que varios estudos científicos demostran que existe "un gran patrimonio agrario descoñecido e abandonado en zonas rurais despoboadas con posibilidades de valorización mediante o desenvolvemento de explotacións agrarias e industrias sustentables".

Desta forma, Alcinder abarca liñas de investigación de disciplinas moi diversas como Ciencias Agrarias, Informática, Telecomunicacións, Veterinaria, Mecánica ou Robótica entre outras e non descarta sumar outros sectores e axentes sociais de áreas afectadas polo abandono rural así como establecer sinerxías con outras entidades similares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta