Sen candidatos de momento á convocatoria de dúas prazas de pediatra para o Hospital de Verín

A convocatoria conclúe ao final deste martes día 7 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/01/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A convocatoria de dúas prazas de pediatra para o Hospital Comarcal de Verín (Ourense), que conclúe ao final da xornada deste martes día 7 de xaneiro, non conta con candidatos ata o momento. A Xunta condicionara a reapertura do paritorio deste centro hospitalario á cobertura deses postos.

As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.

Fontes da xerencia sanitaria de Ourense indicaron que a convocatoria se pechará a medianoite e ata a mañá deste martes "non se presentou ninguén".

A convocatoria destas dúas prazas, que quedaron desertas en xuño, fora anunciada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado 12 de decembro e publicada ese mesmo xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG).

De feito, o titular da Xunta, tras o anuncio desa convocatoria, abrira a posibilidade de "reactivar" o servizo de paritorio no Hospital Comarcal de Verín "se hai pediatras" como recomendan os obstetras e profesionais de Pediatría da área ourensá.

"Se temos pediatras en Verín e dinnos que volvemos dar as condicións de seguridade no parto e na atención aos nenos, volveremos rehabilitar o acto concreto do parto no hospital comarcal. Que son 60 actos de parto ao ano", asegurou Feijóo, quen atribuíu o peche dese paritorio a unha "decisión sanitaria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta