O pai e o cuñado do falecido en Oleiros declararán como investigados por lesións

Farano o día 24 no Xulgado de Instrución número 2 da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/01/2020 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Instrución número 2 da Coruña citou a declarar como investigados ao pai e ao cuñado do mozo falecido en Oleiros tras unha liorta ocorrida o día de Ano Novo logo da celebración nun hotel coruñés da festa de Noitevella.

Así o informaron a Europa Press fontes próximas ao caso que precisaron que a declaración será o día 14. Ambos farano en condición de investigados por un suposto de delito de lesións no transcurso da liorta que se produciu entre dous grupos, primeiro no interior do hotel e logo no exterior.

No transcurso da pelexa, a vítima, de 31 anos, recibiu un golpe cun cinceiro metálico, segundo confirmou a Garda Civil. Agora estase pendente dos resultados da autopsia para determinar os motivos da súa morte ou se o golpe puido provocar o seu falecemento.

Tras os feitos, foron detidas dúas persoas, un deles coñecido da vítima. Para este mozo, de 27 anos, a xuíza decretou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza como investigado por un delito de homicidio. O outro detido, de 33 anos, quedou en liberdade coa obrigación de compareceer quincenalmente no xulgado e en condición de investigado por un delito de lesións.

Os feitos producíronse ao redor das 06,00 horas do pasado día 1 durante unha pelexa coa participación de varias persoas entre dous grupos. A vítima faleceu no exterior do establecemento, onde acudiu, xunto á súa familia, a celebrar a festa de Fin de Ano.

Exterior do hotel Attica 21, en Oleiros, onde se produciu a pelexa.
Exterior do hotel Attica 21, en Oleiros, onde se produciu a pelexa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta