O Concello da Coruña abre ata o día 21 o prazo para remitir suxestións á ordenanza de edificios

Ata esa data, a veciñanza e as organizacións e asociacións poderán remitir as súas opinións sobre os distintos aspectos da mesma, segundo explica o goberno local.

Por E.P. | A CORUÑA | 07/01/2020 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña publicou na súa web municipal a nova ordenanza municipal reguladora da concesión de axudas parala conservación e rehabilitación de edificios, que estará exposta ata o 21 de xaneiro de face a iniciar o procedemento da súa aprobación.

Ata esa data, a veciñanza e as organizacións e asociacións poderán remitir as súas opinións sobre os distintos aspectos da mesma, segundo explica o goberno local.

Desta forma, busca "recoller as suxestións dos particulares e colectivos máis representativos potencialmente afectados pola futura normativa sobre os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa e que alcanzan á dificultade actual na tramitación das últimas convocatorias realizadas en 2017 e 2018", indica.

Así, desde Urbanismo apuntan que as sucesivas modificacións realizadas no documento de conservación e rehabilitación de inmobles desde 2007 "produciron unha certa disfunción no seu articulado, que conduce á dificultade da súa interpretación".

O concello coruñés
O concello coruñés

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta