Ourense reclama unha "intermodal digna" para a cidade

Centenares de persoas saíron á rúa para denunciar o actual proxecto, que provocaría converter o centro de saúde da zona "nunha rotonda".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2020 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

Unha concentración á que asistiron centenares de persoas reclamou unha "intermodal digna" para a cidade das Burgas e denunciaron as carencias do actual proxecto, que provocaría converter o centro de saúde da zona "nunha rotonda".

A protesta, convocada pola plataforma por un Tren Digno, tivo lugar fronte a este centro de saúde e, nela, os asistentes reivindicaron unha infraestrutura que permita un tráfico fluído das persoas e dos vehículos.

"Iso non é o que se pretende facer aquí", advertiu en declaracións a Europa Press unha das integrantes da plataforma convocante, Celia Porto, quen asegurou de que o actual proxecto, entre outras cuestións, "convertería o centro de saúde nunha rotonda" cos prexuízos que iso levaría para os usuarios.

Ademais, explicou que a formulación actual prevé a realización dun muro de nove metros na Avenida de Marín, unha actuación que motivaría unhas pendentes moi elevadas. "É dicir, sería un desastre para unha infraestrutura deste calado, destinada a permanecer durante moitas décadas", censurou a Celia Porto, que considera que hai outras solucións técnicas que se poden levar a cabo.

Á protesta asistiron distintos representantes políticos como a deputada do BNG Noa Presas e a do Grupo Común da Esquerda Ánxeles Cuña. Ademais, asistiron os portavoces dos grupos municipais da oposición como o socialista Rafael Rodríguez Villarino, o nacionalista Luís Seara e o de Cudadanos, José Araújo.

Proxecto da Intermodal de Ourense
Proxecto da Intermodal de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta