Un coruñés morre tiroteado en Filipinas durante unha operación antidroga

O coronel Adolph Almedra, director da Policía na provincia de Surigao do Norte, dixo que Diego Lafuente estaba considerado como o 'número un' no mundo da droga na rexión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2020 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A Policía de Filipinas matou este mércores a un cidadán galego sospeitoso de tráfico de cocaína nun tiroteo rexistrado no sur do arquipélago filipino, segundo informou o diario dixital local Minda News. Trátase dun mozo coruñés, vinculado ao mundo do surf, precisaron fontes consultadas por Europa Press.

Sobre este caso, a Policía de Filipinas dixo que o sospeitoso sufriu múltiples feridas de bala e identificouno como Diego Lafuente. Axentes da comisaría de Policía de General Luna, comandados polo capitán Vicente Panuelos, xunto con membros da Axencia Antidrogas de Filipinas e do Batallón Móbil Rexional Caraga, lanzaron ao amencer este mércores unha operación para capturar o sospeitoso no seu domicilio na localidade de General Luna, en Siargao.

"Xusto tras o intercambio de diñeiro e cocaína detectamos a homes aproximándose a el e sacou a súa pistola do calibre 45 e empezou a dispararnos", dixo o capitán Panuelos, nunha entrevista concedida ao medio local. O sospeitoso foi trasladado de urxencia a un hospital de Siargao, onde os facultativos certificaron a súa morte á chegada ao centro médico. O capitán Panuelos dixo que o sospeitoso tiña no seu poder dez gramos de cocaína.

O mando policial filipino afirmou que Lafuente xestionaba La Santa, unha tenda de roupa e un local de lecer, ademais doutro establecemento no municipio de General Luna. Tras o tiroteo, os axentes atoparon outros quince gramos de cocaína en poder do sospeitoso.

O coronel Adolph Almedra, director da Policía na provincia de Surigao do Norte, dixo que Lafuente estaba considerado como o 'número un' no mundo da droga na rexión. "Estamos moi agradecidos ao pobo de General Luna pola exitosa operación debido á súa vixilancia", sinalou Almedra.

Segundo Minda News, en febreiro de 2019 atopáronse 40 fardos de cocaína nunha praia na localidade de San Isidro, nas illas Siargao. Anteriormente, as autoridades atoparon un cargamento de cocaína por valor de 1.000 millóns de pesos na veciña illa de Dinagat.

Imaxe da policía de Filipinas
Imaxe da policía de Filipinas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta