O litoral galego permanecerá este xoves en aviso laranxa por temporal costeiro

Comezará a media mañá na zona noroeste da Coruña e que se estenderá progresivamente ao resto da costa. Lémbrase da importancia de manterse afastados da liña de costa para previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2020 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou o aviso laranxa a partir deste xoves, día 9 de xaneiro, por un temporal costeiro en todo o litoral galego.

Diso informou nun comunicado, no que explica que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa que comezará a media mañá na zona noroeste da Coruña e que se estenderá progresivamente ao resto da costa.

Deste xeito, conforme sinalou a Dirección Xeral, espérase mar combinado do noroeste con ondas de ata sete metros. Ademais, no noroeste da Coruña o vento poderá chegar a ser de forza oito.

Por este motivo e co fin de garantir a seguridade dos bens das persoas, o departamento autonómico, a través do CIAE 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, ás deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.

Debido ao temporal, a Xunta lembrou a importancia de manterse afastados da liña de costa para previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, considerou necesario evitar aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e xanelas.

Ondas, temporal, vento, litoral, Galicia, mar. EUROPA PRESS - Arquivo
Ondas, temporal, vento, litoral, Galicia, mar. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta