Común da Esquerda cualifica de "auténtico atentado contra o rural" o peche do paridoiro de Verín

Ánxeles Cuña ve na "nefasta" política sanitaria de Feijóo "a súa intención de pechar todos os hospitais comarcais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2020 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

Común dá Esquerda manifestou este mércores o seu apoio á plataforma 'Verín non se pecha' e cualificou de "auténtico atentado contra o rural" o peche do paridoiro de Verín, efectivo desde o pasado mes de decembro. Así o expresaron os representantes do grupo Ánxeles Cuña e Antón Sánchez, ao termo do encontro mantido este mércores con persoal sanitario do Hospital de Verín.

As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.

Neste contexto, Ánxeles Cuña dixo entender a situación de Verín como "a punta do iceberg" da "nefasta política sanitaria de Feijóo que persegue o peche de todos os hospitais comarcais".

A falta de pediatras á que alude a Xunta de Galicia para tomar a decisión do cesamento do servizo é para Común da Esquerda "un pretexto do PP para seguir desmantelando o sistema sanitario galego e os servizos do rural", sinalou Antón Sánchez. Con todo, o certo é que a Xunta convocou dúas prazas de pediatra para este hospital ás que non se presentou ninguén.

"O Goberno galego tivo dez anos e todas as ferramentas na súa man para contar con pediatras en todos os hospitais, só ten que facer ben o seu traballo", continuou Antón Sánchez.

Así mesmo, Ánxeles Cuña dixo ter "a certeza" de que "hai persoas que entregaron a súa solicitude para cubrir as prazas de pediatría en Verín", un procedemento que pechou o seu prazo o pasado martes.

Por este motivo, pediu "saber agora cal é o seguinte paso", dado que entende que o peche do paridoiro de Verín debe "pasarlle factura" ao xerente do CHUO, Félix Rubial; ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; e ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

NEGOCIO

Por parte de Común da Esquerda solicitaron de novo a Feijóo que "retroceda na súa decisión de pechar o paridoiro de Verín e tamén na súa intención de desmantelar a sanidade pública". Ademais, acusou ao presidente da Xunta de "dar negocio á sanidade privada" en detrimento dos servizos públicos do medio rural.

Común da Esquerda ve nestas acusacións "unha razón máis para que o PP deixe en 2020 de estar á fronte dos cidadáns galegos" e mostrou a súa aposta por "un goberno que pense no interese xeral fronte ao negocio duns poucos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta