Temas: A CORUñA

O pleno da Coruña aproba o orzamento de 2020 con apoio de todos os partidos, agás o PP

Serán 260 millóns

Por E.P. | A CORUÑA | 09/01/2020 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O pleno da Coruña aprobou, de maneira inicial, o orzamento para este ano, por importe de 260 millóns, con apoio de todos os grupos —PSOE, Marea Atlántica, BNG e Ciudadanos—, agás o PP.

Pleno municipal
Pleno municipal | Fonte: Europa Press

Fíxoo nunha sesión extraordinaria na que o portavoz do goberno local, o socialista José Manuel Lage Tuñas, reivindicou o "diálogo" entre as distintas forzas políticas e subliñou, das contas, que inclúen actuacións vinculadas ao ámbito social.

En concreto, destacou a posta en marcha dun plan de inclusión social ou a contía de 2,4 millóns de euros para partidas de emerxencia e renda social.

"Beben de maneira evidente do traballo realizado nos últimos anos", expuxo, á súa vez, a portavoz de Marea Atlántica, María García, en alusión ao mandato do partido instrumental. Ademais, remarcou o acordo co PSOE de cara á aprobación deste orzamento co obxectivo de "priorizar" os intereses da cidade.

"Discrepamos con algúns aspectos", sinalou, á súa vez, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, quen destacou, no entanto, que o seu apoio obedece á inclusión das súas propostas en aspectos relativos ás políticas sociais, a rexeneración urbana "ou o compromiso coa lingua e a cultura galega", apostilou.

Mentres, a concelleira de Ciudadanos, Mónica Martínez, apelou ao goberno local a ser prudente en relación á previsión de ingresos sobre a que esixiu un "control rigoroso".

Os populares, á súa vez, criticaron unhas contas que, ao seu xuízo, supoñen "o catastrazo e o impostazo", afirmou a edil do PP Rosa Gallego, ante o aumento do IBI un 3%. Con todo, avanzou que presentarán propostas antes da aprobación definitiva, despois de que o portavoz socialista lle reciminase a ausencia das mesmas ata o momento.

Temas: A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta