Ábalos promete unha política de bonificacións igualitaria en autoestradas

En Segovia, membros da recentemente constituída plataforma pola gratuidade da AP-6 acudiron á visita do socialista para transmitirlle as súas demandas e solicitarlle que este próximo Goberno "non se esqueza da España baleira".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/01/2020 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O ministro de Fomento en funcións, José Luís Ábalos, prometeu que o departamento que dirixirá, denominado agora como Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, apostará por unha política de bonificacións igualitaria en autoestradas de todo o territorio español.

Este venres nun acto en Segovia, membros da recentemente constituída plataforma pola gratuidade da AP-6 -que xa reúne case 14.000 firmas en change.org- acudiron á visita do líder socialista para transmitirlle as súas demandas e solicitarlle que este próximo Goberno "non se esqueza da España baleira".

Ábalos destacou que a pretensión é que a nova política de bonificacións sexa igualitaria en todo o territorio. "O que estamos a facer é que as concesións que terminaban decidimos non volver licitalas nin prorrogalas. Trátase de non seguir nese bucle de renovacións e concesións", explicou.

Todo iso, nun escenario no que o BNG arrincou o compromiso de que o novo Goberno levará a cabo a transferencia e rebaixas nas peaxes da autoestrada AP-9, no marco do acordo polo que os nacionalistas galegos votaron si á investidura de Pedro Sánchez.

José Luís Ábalos, con membros da plataforma pola gratuidade da AP-6.
José Luís Ábalos, con membros da plataforma pola gratuidade da AP-6. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta