A Xunta destina 2 millóns de euros en subvencións a proxectos mineiros

Di que son para impulsar proxectos mineiros "máis sustentables".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2020 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución de dúas ordes de axudas dirixidas ao sector mineiro que supoñen un investimento de case 2 millóns de euros para impulsar un total de 51 proxectos e avanzar cara a un modelo "máis sustentable e con menores emisións de po e ruído".

Así o informa o Goberno galego, que sinala que unha primeira partida de 960.000 euros está destinada a un total de 10 entidades sen ánimo de lucro que desenvolverán iniciativas pola minaría sustentable. "En resumo, trátase de accións para mellorar as prácticas preventivas e respectuosas co medio ambiente e coa recuperación e posta en valor da historia da minaría en Galicia e do seu patrimonio", apunta o Goberno galego.

Ademais, unha segunda partida de máis de 930.000 euros ten como obxectivo impulsar 33 proxectos de 25 empresas privadas para reducir as emisións de po e ruído. Deste xeito, buscarase mellorar as condicións ambientais e laborais do sector mineiro.

O obxectivo é, explica a Xunta, "favorecer a aplicación de tecnoloxías novas e implantar as mellores técnicas dispoñibles" tendo en conta o influxo do ruído e o po "tanto na contorna como na saúde dos traballadores".

Mina, casco, carbón, mineiro, seguridade.. XUNTA - Arquivo
Mina, casco, carbón, mineiro, seguridade.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Geronimus

Si se subvenciona a agricultura, a gandería ou a produción de enerxía, é perfectamente lóxico que se subvencione a minaría, principio de todas as materias primas. O colmo é que protesten aqueles a os que lles gustan as construcións tradicionais e o patrimonio galegos. Crense que o granito sae do aire ou se fabrican cos discursos de Beiras?

1 miñoca

A Xunta de Galicia financiando ás mineiras.O nunca visto. Haberá que controlar a quén van as subvencións. Poidera ser que entre elas haxa unha empresa australiana que acaba de mercar as de Varilongo en Santa Comba polo módico prezo de 2,5 millons de euros. GALICIA vendese. Dan ganas de fuxir e non mirar atrás