Divisións no Consello de CxG pola "Syriza galega"

Os ecogalesguistas apostaron por un pacto a dúas bandas con Anova e Esquerda Unida, pacto que foi rexeitado por Máis Galiza e centristas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/09/2012 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O Consello Político Nacional que CxG celebrou este sábado acabou con fondas divisións entre os membros desta coalición. Os ecogaleguistas, tal e como xa adiantara GC, apostaron por aceptar a proposta que Xosé Manuel Beiras lanzou este venres para crear unha gran coalición electoral que inclúa a Compromiso, Anova e EU.

Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)
Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)

Sen embargo, a maior parte dos membros de Máis Galiza e, especialmente, os militantes máis centristas e galeguistas desta fronte rexeitaron una coalición ao xeito de "Syriza" e propuxeron un pacto electoral, pero só con Anova.

Máis Galiza impónse

Segundo as fontes do Consello Político consultadas por GC, finalmente, impúxose a decisión de Máis Galiza. Con todo, a proposta dos ecogaleguistas contou co apoio de independentes de esquerdas e mesmo con algún membro do PNG-PG. O grupo liderado por Xoan Hermida e Manuel Dios analizará nos vindeiros días novas alternativas.

Así, a proposta da Comisión Executiva Nacional a respecto da coalición electoral ofertada á Anova Irmandade Nacionalista foi “nidiamente galega e progresista”. Báscuas apostou por respostas “audaces”, que permitan unha alternativa "realista" ao Partido Popular á vez que posibilitar “un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País”. Con todo, a proposta de coalición só foi para Anova, non para EU.

Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago
Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago

Programa de mínimos

En todo caso, Bascuas insistiu na necesidade dun programa de mínimos de defensa “do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e  axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos”. Do mesmo xeito, e a pesar das datas marcadas polo adianto electoral, Báscuas afirmou que o proceso de elección de candidatos e candidatas, a Convención Nacional de Eleccións Primarias”, “vai para adiante, porque ese foi o noso compromiso e non só falamos doutras formas de facer política, se non tamén as aplicamos”. Un proceso que se concretará o vindeiro 9 de setembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 114 comentarios

16 Luguês

Que se juntem os anticapitalistas, esses som internacionalistas, nom galeguistas. Depois duas forças nacionalistas, umha de centro, CxG, e outra de esquerdas, o BNG.

1 Adolfo Bermúdez

Eu estaría dacordo, un partido de centro, outro de socialdemocracia e, se da o electorado, un partido verde.

2 anonimo

O falar non ten cancelas, pero a realidade é a que é.

3 anonimo

O falar non ten cancelas, pero a realidade é a que é.

15 Ricardo Reis

Estou en Portugal e venho de ler a prensa do pa'is. O que nos agarda 'e dunha dureza que non imaxinamos. E en Galicia a'inda hai quen anda xogando 'as "cocinitas": facendo guisos nos que se defenden intereses de profesionales da pol'itica que fundiron o pa'is e que agora buscan seguir sendo protagonistas dunha pel'icula de cine negro. De momento con Bascuas e coa s'ua aposta galeguista como alternativa do PP. 'E o 'unico que ten futuro neste guiso meio sal.

14 BNG "esitoso"

O BNG está tan tranquilo, que non fai máis que ter a xente nos foros adicados a falar mal de Beiras, Cuiña ou Bascuas. Pois parabéns pola súa tranquilidade supoño que baseada nos reiterados "éxitos" electorais desa fronte.

1 Lubre

Que foros quedan abertos ao BNG? Quixera conectar con algún. Grazas.

2 Daniel Castelao

Beiras, fixéchela unha, fixéchela grande, fixéchela boa!

13 Asinado

Dios los da, y ellos no se juntan. Marchei hai uns meses do BNG e teño que volver a votar BNG. Ide rañala.

1 Yes, you can!

Eu tamén!

2 bloqueira

Pois voltade, ho. As portas están abertas a tódolos galegos de nación dispostos a traballar con lealdade na casa común da esquerda galega. En bloque podemos

3 Procolass

En bloque podemos. En bloque podemos. En bloque podemos. En bloque podemos. En bloque podemos... Sodes autómatas hipnotizados polo Papa Negro, carafio.

4 Feitos de PPotitos Bledine

Procolass o que estas pouco posto niso da praxe política sobre todo cando leva a dereita española, sexa absolutista, fascista ou neoliberalgobernando este país dende os tempos de Isabel a Católica cando menos. O problema non é o bloque, que son os únicos serios neste ermo, o problema ademáis da brigada de demolición que nos goberna, o outro moito máis grave sodes o resto, a ESQUERDA PAMPEANTE que non dades probeito

12 Un do Bloque

A escisión fixo madurar a moita xente, tanto dentro do BNG como os que marcharon e xa o veremos nos vindeiros meses. Algúns lembrarán que é o BNG? e por qué e para se fixo?. Hai cousas que non me gustan do Bloque, pero miro no seu conxunto e síntome moi orgulloso de votar BNG. Agardo que moita xente de Anova, +Galiza e PNG-PG recapaciten e volvan, nun futuro cercano, ao BNG. Viva Galiza Ceive!

1 D. Quixote de Terra Cha

Eu tamén estaria no BNG se antes da escisión se "civilizaran" como parece van facer agora aceptando a Aymerich de nº 1 por Pontevedra. Por que non fixeron antes esa apertura? Se Aymerich e Beiras non se plantaran no último congresos a UPG aceptaria o que acepta agora? Ninguén o pode asegurar, pero aos feitos me remito.Culpables somos todos.