Divisións no Consello de CxG pola "Syriza galega"

Os ecogalesguistas apostaron por un pacto a dúas bandas con Anova e Esquerda Unida, pacto que foi rexeitado por Máis Galiza e centristas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/09/2012 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O Consello Político Nacional que CxG celebrou este sábado acabou con fondas divisións entre os membros desta coalición. Os ecogaleguistas, tal e como xa adiantara GC, apostaron por aceptar a proposta que Xosé Manuel Beiras lanzou este venres para crear unha gran coalición electoral que inclúa a Compromiso, Anova e EU.

Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)
Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)

Sen embargo, a maior parte dos membros de Máis Galiza e, especialmente, os militantes máis centristas e galeguistas desta fronte rexeitaron una coalición ao xeito de "Syriza" e propuxeron un pacto electoral, pero só con Anova.

Máis Galiza impónse

Segundo as fontes do Consello Político consultadas por GC, finalmente, impúxose a decisión de Máis Galiza. Con todo, a proposta dos ecogaleguistas contou co apoio de independentes de esquerdas e mesmo con algún membro do PNG-PG. O grupo liderado por Xoan Hermida e Manuel Dios analizará nos vindeiros días novas alternativas.

Así, a proposta da Comisión Executiva Nacional a respecto da coalición electoral ofertada á Anova Irmandade Nacionalista foi “nidiamente galega e progresista”. Báscuas apostou por respostas “audaces”, que permitan unha alternativa "realista" ao Partido Popular á vez que posibilitar “un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País”. Con todo, a proposta de coalición só foi para Anova, non para EU.

Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago
Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago

Programa de mínimos

En todo caso, Bascuas insistiu na necesidade dun programa de mínimos de defensa “do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e  axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos”. Do mesmo xeito, e a pesar das datas marcadas polo adianto electoral, Báscuas afirmou que o proceso de elección de candidatos e candidatas, a Convención Nacional de Eleccións Primarias”, “vai para adiante, porque ese foi o noso compromiso e non só falamos doutras formas de facer política, se non tamén as aplicamos”. Un proceso que se concretará o vindeiro 9 de setembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 114 comentarios

11 saña

Dende o congreso de Amio, estes señores non dan unha, nin a dereitas nin a esquerdas, teñen mais protagonismo nos medios que na sociedade, lembrade dentro de uns meses estaran desaparecidos sin combate. So hai unha alternativa de esquerdas na Galiza a dereita centralista española, e non quero facer propaganda antes de tempo, pero esta a vista de todos.Saude e Patria.

10 Cachuzo

O maior problema do galeguismo é que non oferece alternativa centrista para ir roendo o teito electoral do PP, para conseguir nun primeiro chanzo que este partido se vaia despedindo das súas maiorías absolutas e, co tempo, mesmo substituílo como forza maioritaria. Por iso é necesario que CxG, a forza que pode desempeñar ese papel, non caia no engado dunha coalición com IU (o Bloque do PCE, non o esquezamos).

1 Adolfo Bermúdez

Exacto, o tema está en que a inmensa maioría do electorado galego identifícase co centro, sexa españolista ou galeguista, de nós depende que se convenzan que defender Galicia tamén se pode facer dende eesas coordenadas ideolóxicas.

9 Xanc

A culpa de que o Bloque baixe non é só de Beiras. Lembrades ao Irmandiño López Rico facendo a campaña a Santiso de IU nas Municipais 2011 na Coruña? Daquela disque aínda militaba no BNG... Ía aos mitins de IU e non moveu un dedo a prol de Carril. Algo influiría no desgaste... E agora quer pactar con IU? Normal! Nas seguintes Municipais pillaría de novo un carguiño no Concello. Aínda lembro as comilonas DIARIAS de Tello na Domus... cando estaba de Tenente Alcalde

1 anonimo

Coidado neno, non te mordas...

2 tiruliru

A culpa de que o Bloque baixe é do propio Bloque. Basta xa de buscar disculpas as incapacidades propias. Aqui naide mira por Galiza senón polo seu bandullo. Quen estivo facendo campaña na Coruña contra o Bloque foi o propio Bloque, varrendo a todo o que se desviara do "Carril" e os seus mantidos. A rañala!

8 O muiñeiro da Serra

Ata agora sabía de moitos galeguistas que non querian votar BNG e, segurmente, votarían outras forzas. Hoxe parecia que ían ter unha forza galeguista, nacionalista e de centro esquerda para votar. Á vista do que está pasando en C x G e ANOVA esa posibilidade vais ao lixo.Seguirán esperando e son bastantes.

1 Luguês

CxG é de centro-esquerda. Anova é de extrema-esquerda. Eu também quero umha força centrista, com gente de centro-esquerda e centro-direita. Mas nom quero pactuar cos anticapitalistas.

2 viguês

luges para iso está o psoe non hai que inventar nada novo

7 Todos xuntos non fan 1/2

Acougo un pouco e volvo a leer a ver si me quedo con algo de la ultima melé del ecogalleguismo libertario.