A "Syriza galega", nas mans das bases de Anova

As direccións de Esquerda Unida e Compromiso por Galicia fan formalmente unha oferta aos irmandiños. Serán as bases de ANOVA Irmandade Nacionalista quenes decidan se aceptan a oferta.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/09/2012 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

A executiva nacional de Esquerda Unida decidiu onte por unanimidade convocar o martes un Consello Político Nacional (CPN) extraordinario. Os comunistas organizarán asemade xuntanzas para "formar a Syriza galega que en base a un mínimo común múltiplo".

Esquerda Unida admite que a decisión de tentar formalizar un pacto "anticapitalista" con Anova non foi rápida. De feito, a reunión "alongouse até altas horas da madrugada para poder avaliar en profundidade as múltiples xuntanzas mantidas nestes últimos días coas distintas forzas galegas da esquerda real".

A candidata a Xunta, Yolanda Díaz, reclama “intelixencia, forza e xenerosidade para chegar aos puntos de encontro necesarios que permitan xerar unha alternativa con todas as voces críticas da esquerda onde primen os intereses da cidadanía e non os partidistas”.

Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común
Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común | Fonte: EI

Compromiso

Entre as reunións coa "esquerda real" estivo ANOVA, pero non o outro polo no que se organizaron os escindidos do Bloque, Compromiso por Galicia. CxG tamén fixo hoxe unha oferta de alianza aos irmandiños.

Os preto de oitenta membros do máximo órgano de dirección da organización galeguista xuntáronse hoxe en compostela para avaliar a "coalición electoral ofertada á Anova Irmandade Nacionalista de Xosé Manuel Beiras" . Xoán Bascuas, líder de CxG, quere unha oferta electoral “nidiamente galega e progresista”. O propio Bascuas xa aclarou que non se sumarán a unha proposta "anticapitalista" como a de EU, malia que polo menos unha das tres forzas que forma CxG, dialogou con EU sobre unha posíbel coalición.

A situación que estamos a vivir, segundo o líder de Compromiso, require de respostas “audaces”, que permitan unha alternativa realista ao Partido Popular de Núñez Feijóo á vez que posibilitar “un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País”.

Do mesmo xeito, Bascuas asegura que é necesario un programa de mínimos de defensa “do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e que axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos”.

Beiras convoca á prensa ao mediodía

Case descartado un pacto a tres bandas, á militancia de Anova quédalle pouco tempo para escoller socio ou ir en solitario. As súas asembleas locais reúnense esta fin de semana. O seu voceiro, Xosé Manuel Beiras convocou unha rolda de prensa para "dar conta dos acordos do Consello Nacional de ANOVA sobre a participación nas próximas Eleccións Autonómicas de 21 de Outubro".

Por se ANOVA non acepta a súa oferta, Compromiso xa ten organizadas as súas primarias. Estas serían previsiblemente o día 9 de setembro, se ben “cun procedemento aberto e á espera da concreción da oferta de coalición electoral, onde habería que acordar certas regras de xogo”. Na proposta aprobada hoxe escolleríanse en primeiro termo os cabezas de lista e posteriormente á Presidencia da Xunta cunhas votacións abertas a “militantes, simpatizantes e á cidadanía en xeral”.

Será pois este domingo cando probablemente haxa unha decisión cuasi definitiva de como se vai presentar a maior parte da esquerda galega á marxe do BNG. O que é evidente é que o adianto electoral pillou a uns e a outros coas negociacións con outras forzas demasiado verde , o que agora dificulta un debate sosegado entre as súas militancias.

De aí en parte que nas tres forzas implicadas (EU, Anova e CxG) haxa sectores a prol e en contra da coalición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

4 uncalquera

IU-EU é o cabalo de Troia do españolismo. Ímolos meter dentro para que despois nos destrúan? Se ides poe aí, xa me chafastes a ilusión e non contedes co meu voto.

1 Xoelho

Fai falta ser par vo ou trabalhar para o PP para dicir iso. E máis cando o BNG fixo un patético bipartito co PSOE e pacta co PSOE sempre que pode, aínda que sexa a posteriori, ou sexa, desaproveitando votos. ¿Cabalo de Troia? ¿Pero que maior cabalo de Troia no nacionalismo galego que deturpar grotescamente a lingua como o están a facer a maior parte dos militantes e dirixentes do BNG, que niso non se diferencian para nada dos demais?

2 uncalquera

Par*vo seralo ti, paspán*, por tomarmos aos demais por espantallos e adicarte a insultar. Seica se tanto che gusta a Yoli, vai desfilar con ela nas procesions de Ferrol e embarcade nunha fragata e que vos disparen nun mísil de amor envueltitos en la bandera rojigualda. Por cierto, la Yoli habla siempre en castellano, amiguito, e o teu galego é de tradutor en liña. Así que... crucero de amor.

3 Xoelho

Es (= "eres", por se non o sabes) patético. Desde logo, o PP agradece moito que a xente opine coma ti, para que todo siga igual, como seguirá se os cerebros "nacionalistas" da órbita bloqueira seguen apodrecendo.

4 uncalquera

Veña, xa cumpriches as ordes que che deron. Xa gañaches o sorriso dos teus amos. Que o pasedes ben na lúa de mel. Por certo, non me traduzas o que escribes ao español homiño!

3 Xoelho

Un_a Syriza galega e tamén espanhola é o que fai falta. Fai falta como o comer.

1 Dono

Outro que inventa unha ortografía para el.

2 todoenorde

Pois nada, que non imos chegar ao 5% necesario, e se sacamos 1 xa seremos o Pepito Grillo de Parlamento. Que difícil é neste País chegar a un acordo de mínimos e de ámbito galego. Cantos egos que manter e intereses particulares. Frijol 4 anos máis porque lle estamos a poñer a alfombra vermella. Despois das eleccións xa poderedes seguir a hostiarvos uns con outros e o País á mer*da. Parabéns.

1 Anonadado

Quenes mandaron a tomar vento o País foron Beiras e compañía en febreiro. Así de simple. Colaborou activamente co sistema no seu propósito de extender o fascismo. É o que hai, e é moi triste.

2 todoenorde

Mira anonadado, iso da "obediencia ciega al partido" xa caeu hai tempo. Aquí cada un que asuma as súas responsabilidades, ou é que o marchar os Irmandiños xa abonda para xustificares o leñazo. Seica Beiras vai ser o que resta milleiros de votos ao BNG? Seica o BNG é infalible pero é o pobo o que se trabuca. Vaia.

3 Anonadado

Obediencia ciega al líder (führer?)? E xa veremos que Beiras xa foi candidato e pasou o que pasou: Fraga arrasaba.

4 todoenorde

E dálle con Beiras. Que o tes, de cocón de cabeceira? Seica o BNG perdeu votos pola súa culpa, será logo que Beiras era medio BNG en votos? E se xa pasou á historia, por que lle das tanta importancia ao vello. O BNG que se ocupe de arranxar a súa casa, que abondo ten.

1 Gamela

Será por escanos? Co parlamento disolto temos escanos dabondo para toda a xente que ame a liberdade ! http://ir.gl/771364 O camiño semella ser longo mais temos diante nosa a porta que nos pode levar moi lonxe... A democracia participativa é algo máis ca partitocracia lexislativa!