Feijóo ve "unha equivocación para o Estado de Dereito" o nomeamento de Dolores Delgado

Feijóo sinalou que "non é fácil entender ese nomeamento" e agregou que a maioría dos españois "non o van entender", con independencia da "valía persoal" e de que "fose previamente fiscal da Audiencia Nacional".

Por E.P. | MADRID | 13/01/2020 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, cualificou de "equivocación" o nomeamento da exministra de Xustiza Dolores Delgado como nova fiscal xeral do Estado. "Creo que é unha equivocación para ela, unha equivocación para a Fiscalía e unha equivocación para o Estado de Dereito", proclamou.

Á súa chegada á Xunta Directiva do PP, máximo órgano do partido entre congresos, Feijóo sinalou que "non é fácil entender ese nomeamento" e agregou que a maioría dos españois "non o van entender", con independencia da "valía persoal" e de que "fose previamente fiscal da Audiencia Nacional".

"Despois de ser ministro, non creo que aos poucos minutos de deixar a carteira e o Consello de Ministros se poida dirixir con independencia a Fiscalía Xeral do Estado", abundou.

Outros 'baróns' territoriais do PP como Juan Manuel Moreno ou Fernando López Miras coincidiron con Feijóo en cargar duramente contra o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, por nomear á exministra de Xustiza Dolores Delgado nova fiscal xeral do Estado. Así, sinalaron que se trata dunha "equivocación" e unha "desvergoña" e censuraron que encima o faga "sen ruborizarse".

O presidente da Junta de Andalucía afirmou que é unha "desvergoña" porque ao final, no canto de ter unha "fiscal xeral do Estado" o que teñen é unha "fiscal xeral do Goberno". "O que está a buscar o Goberno de Sánchez é un fiscal absolutamente coas mans atadas que obedeza cos ollos pechados as ordes e directrices que marque o propio Goberno", subliñou.

Segundo Moreno, é unha decisión "sumamente irresponsable" porque ata agora nunca ocorrera que un ministro pasase inmediatamente a ser fiscal xeral. "Imos perder a unha gran fiscal do Estado para ter, probablemente unha mediocre fiscal do Goberno", agregou.

O murciano López Miras coincidiu cos seus compañeiros en criticar ese nomeamento. "E ademais fíxoo sen ruborizarse e isto é o que máis me sorprende", resaltou, parar engadir que se trata dun paso máis na folla de ruta de Sánchez e que pasa, ao seu xuízo, por "instrumentalizar" o Goberno e pór as institucións ao "servizo" dos seus intereses políticos, persoais e partidistas.

"Xa vimos como humillaba á Avogacía do Estado e a poñía ao servizo de intereses independentistas e agora vendo a elección da Fiscalía xeral quere pola ao servizo dos seus propios intereses, os intereses de Pedro Sánchez", proclamou.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, durante unha entrevista / Galicia (España).. ROSA VEIGA /EUROPA PRESS
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, durante unha entrevista / Galicia (España).. ROSA VEIGA /EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta