Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 14:32
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, avanzou este luns que Galicia acollerá no primeiro trimestre deste ano un encontro de mulleres migrantes. Así o trasladou nun encontro en Santiago coa coordinadora territorial de Galicia da Fundación Juan Soñador, Eloína Ingerto, e a coordinadora de programas, Nuria García.
A secretaria xeral de Igualdade destacou o traballo que realiza a organización pola loita contra a violencia de xénero nas mulleres inmigrantes ou en risco de exclusión social. Diso informou a Xunta nun comunicado, no cal explicou que a Secretaría Xeral colaborou nos últimos tres anos coa Fundación para levar a cabo dous programas de actuación cun investimento de 12.000 euros.
Un dos programas é 'Berrando ao mundo', que traballa na prevención de violencia de xénero en nenos, nenas e adolescentes en risco de exclusión social. Doutra banda está 'Malaikas', un programa de prevención de violencia de xénero en mulleres inmigrantes que este ano atendeu a 642 mulleres inmigrantes de entre 19 e 75 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.