Localizada a menor que faltaba dun centro de menores do Barco desde o día 5

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

A moza de 16 anos que faltaba dun centro de menores do Barco desde o pasado 5 de xaneiro foi localizada este luns mentres paseaba polo municipio.

Menor do Barco desaparecida.
Menor do Barco desaparecida.

Segundo informou a Garda Civil, a moza foi atopada sobre as 14,00 horas en "perfecto estado de saúde".

SOS Desaparecidos dera a voz de alerta da desaparición despois de que a moza non volvese ao centro de menores tras un permiso para saír.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta