Un temporal costeiro afectará este martes a todo o litoral galego, que estará en alerta laranxa

A Axencia Estatal de Meteoroloxía informou de que se espera mar combinado do sur con ondas de ata seis metros, que poderían chegar ao sete no noroeste e sueste coruñés, ademais de ventos do sur e do suroeste que poderán alcanzar fórzaa oito.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O litoral galego estará en alerta laranxa este martes por un temporal costeiro, que empezará esta noite no noroeste e oeste da Coruña e irase estendendo desde a madrugada á costa de Lugo e Pontevedra.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía informou de que se espera mar combinado do sur con ondas de ata seis metros, que poderían chegar ao sete no noroeste e sueste coruñés, ademais de ventos do sur e do suroeste que poderán alcanzar forza oito.

Tamén a partir desta madrugada espéranse ventos do suroeste que poderán alcanzar os 100 quilómetros por hora, que afectarán primeiro á Mariña lucense e desde a tarde ao noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña.

A Comisión Escolar de Alertas suspendeu as actividades no exterior dos centros nas zonas de maior vento e deixará en mans das direccións dos centros a decisión sobre suprimir as actividades escolares, en función das circunstancias da localidade.

Un total de 24 provincias estarán afectadas por risco (amarelo) ou de risco importante (laranxa) por vento forte, fenómenos costeiros ou baixas temperaturas.

O vento do suroeste soprará no cuadrante noroeste peninsular, litoral mediterráneo e Baleares, con intervalos de moi forte no litoral galego e forte na cordilleira Cantábrica. No resto soprarán ventos frouxos variables.

Temporal costeiro. TIM POATE/UNIVERSITY OF PLYMOUTH  - Arquivo / Europa Press
Temporal costeiro. TIM POATE/UNIVERSITY OF PLYMOUTH - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta