A Real Academia Galega celebrará un simposio sobre a vida e obra de Carvalho Calero

Organízase no marco dos actos de homenaxe ao autor ao que se dedica o Día dás Letras Galegas 2020.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O Ano Carvalho Calero comeza a dar os seus primeiros pasos. A Real Academia Galega avanzou algunha das iniciativas coas que celebrará o legado do intelectual ferrolán con motivo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas.

Reunión entre a comisión executiva da RAG e a filla de Carvalho Calero
Reunión entre a comisión executiva da RAG e a filla de Carvalho Calero | Fonte: RAG.

Precisamente, a comisión executiva da Academia reuniuse o pasado venres con María Vitoria Carballo Calero, filla do homenaxeado, na sede da institución galega, durante a que repasaron o calendario de actos previsto para este ano.

Unha delas será a 'Primavera das Letras', que se presentará no mes de febreiro e que se centrará en achegar ao público infantil a figura e obra de Ricardo Carvalho.

Doutra banda, o pleno extraordinario polo Día das Letras Galegas celebrarase na cidade de Ferrol e despois do verán está previsto un simposio que profundará, desde a perspectiva académica, nos diferentes aspectos e cuestións sobre a vida e obra do homenaxeado.

No encontro participaron, ademais do presidente da institución, Víctor Freixanes, os académicos Henrique Monteagudo, Andrés Torres Queiruga, Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta