A Xunta activou 42 proxectos de parques eólicos dende 2009

O goberno afirma que a construción destas infraestruturas deu emprego a case 2.400 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2020 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O Goberno galego analizará este xoves un informe sobre a potencia eólica instalada en Galicia que reflicte que ao longo de 2019 se puxeron en marcha un total de 18 proxectos eólicos cunha potencia instalada de 415,24 megawatts (MW), o que permitirá superar os 3.800.

Cun investimento de 509 millóns de euros, a Xunta afirma que a construción destas infraestruturas deu emprego a case 2.400 persoas.

Ademais, o Executivo autonómico destacou que a autonomía puxo en marcha en 2019 o maior proxecto de enerxía fotovoltaica de Galicia con 1,5 MW de potencia en Vilardevós e o próximo inicio da actividade dunha planta de biomasa de 49,9 MW en Curtis.

Desde 2009, cando Alberto Núñez Feijóo se puxo á fronte da Xunta, puxéronse en marcha 42 proxectos de parques eólicos e sumou 671,03 megawatts, dos que o 58 por cento entraron en funcionamento no ano 2019.

Nesta conxuntura, a Xunta subliñou o seu "compromiso" co fomento das enerxías renovables e co obxectivo de contar cunha Galicia "cada vez máis verde", que está a permitir que o sector eólico "estea de novo en alza en Galicia".

Parque eólico de Monte Tourado. NATURGY
Parque eólico de Monte Tourado. NATURGY

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta