O Sergas destaca a incorporación de 17 novos profesionais á Atención Primaria da área de Santiago e Barbanza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2020 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

A Xerencia da área sanitaria de Santiago e Barbanza informou da incorporación de 17 novos profesións para os seus centros de saúde de forma paulatina no marco do Plan Galego de Atención Primaria que desenvolve a Consellería de Sanidade.

En concreto, trátase de seis médicos de familia, dous pediatras, seis enfermeiras, dous fisioterapeutas e un traballador social que, segundo destacou a xerencia, engádense aos 14 profesionais sanitarios incorporados á primaria compostelá en menos de dous anos.

O departamento sanitario, así mesmo, destacou que o 98,8% das accións a curto prazo comprometidas polo Sergas no plan están xa finalizadas ou en marcha, e a execución alcanza o 100% nas actuacións destas liñas estratéxicas orientadas á dotación de recursos humanos no primeiro nivel asistencial e ao reforzo da formación e docencia.

Médico
Médico | Fonte: SANITAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta