(Vídeo) Galicia, un paraíso para a pesca do sargo

"Os sargos da Galiza" é un documental portugués protagonizado por Sergio Tente, considerado o mellor pescador de sargos de Portugal.

Por Galicia Confidencial | Costa da Morte | 17/01/2020 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O Canal Caza y Pesca elixiu Galicia para a gravación dun documental que está resultando un éxito ente os afecionados á pesca. Poduzido per BlueTail Films, "Os sargos da Galiza" fai unha viaxe pola pesca desta especie en Galicia.

Sergio Tente cun sargo pescado en Galicia
Sergio Tente cun sargo pescado en Galicia | Fonte: Aos Sargos na Galiza

O seu protagonista, Sergio Tente, considerado o mellor pescador de sargos de Portugal, considera que Galicia é "un dos paraísos" para a captura desta especia. Xunto co seu amigo Nelson Lima relatan como pescan sargos nunha zona "privilexiada" como é a costa galega, tanto pola súa beleza, como polo gran tamaño do peixe capturado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta